O he llegado. Ao que vamos, que como nova usuaria deste sitio creo conveniente presentarme: chámome Ana, nacín un frío 20 de xaneiro do 81 e medrei entre néboas e máis tebras nun apartado rincón galego chamado Barcala. Barcala é un lugar especial que algún día se convertirá en república independente de algo, ou iso creo. Co tempo, medrei e marchei a buscar a vida a outros lares máis civilizados, e así acabei nun lugar chamado Santiago, onde fixen amig@s, e é así como cheguei a "santiago amigos". Con respecto a min, non teño enfermidades coñecidas pero si alguna descoñecida, consistente nunha desconexión espacio-cerebral un pouco chunga que tento superar día a día coa axuda dos que me rodean, non, non vos riades que é algo moi serio! E nada máis por agora, estou dispoñible para rogos, suxerencias, preguntas... pero sen atropellarse, eh? que hai tempo para todo.
Ademáis contáronme que o sábado hai unha excursión moi chachi e estou moi ilusionada, porque nunca me sacan de casa. Estou preparando unha mochila con víveres por se acaso.
miércoles
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Esa Ana! Me esperaba fotos de la infancia... Me mantengo a la espera o descartaste la idea?
Jo tía! que estou no curro e non podo, :P, están esperando no portátil a poder ver a luz, supoño que mañá...
Publicar un comentario