Como sabedes, o vindeiro 29 de setembro, represéntase en O Porriño, a obra teatral Salpicados, dirixida pola compañeira Irene , interpretada polo compañeiro Samu, (en el cartel el de verde) e vestiario e iluminación coordinados pola compañeira Cris.
Con tal evento, preparamos unha excursión que partirá o mesmo día 29 de Santiago a O Porriño, para acudir a dita representación.
O programa é o seguinte:
- Saída as 19:00 aprox de Santiago Centro (ainda sen determinar) no tractocarro da compañeira Area, e se fai falta tb o da compañeira Marga.
- Animada conversación tertulia-debate sobre os perigos da estrada e a importancia de conducir correctamente.
- Descanso
- Canción populares para animar a viaxe:
1. el señor conductor tiene noviaaaaaaaaaaaaa, tiene noviaaaaaaaaaa, tiene noviaaaaaaaaaaa ......
2. Quereeeemos ir a 200 y luego al hospitaaaaaaaaaaaaaaaaal
3. A la salida del cole, ole.....
E outros.
- Chegada a O Porriño. Deixaremos as maletas no Hotel Internacional (flipadlo) (Hostal de 2 estrelas) As reservas xa están feitas a nome da compañeira Marga .
- Ruta turística polo Porriño , recollida dos amigos do sul galego, e romaría popular...
- O resto xa o sabedes, que para eso imos: TEATRO DE CALIDADE, E HAPPY HOUR!
IMPORTANTE: Non se subirá ao tractocarro ninguén que non traia a autorización firmada polos seus pais ou titores legales.
.........................................................recortar pola liña......................................................
Autorización
Autorizo o/a compañeiro/a_______________________a facer a excursión a O Porriño para ver a obra Salpicados e sair un pouquichiño pola noite.
Fdo: Pai, nai ou titor________________________________
Adxunto xustificante de pagamento do prezo da excursión na conta corrente da compañeira Marga (A VONTADE)
...........................................................................................................................
Lista de admitidos ata o de agora para a viaxe:
1. Compañeira Area (pilota)
2. Compañeira Ana P. (copilota)
3. Compañeiro Carlos
4. Compañeira Marga
5. Compañeiro Luis
Sen confirmar:
6. Compañeira irmá de Area?
2 comentarios:
lin ben? Hotel internacional? esto de ser xente de categoría é o que ten!!
O compañeiro Luis gustarialle acudir a cita teatral, pero témome que a súa nai non lle firmaría a autorización porque seica é a festa do barrio en Ourense e está ilusionada con que vaia, tamén cabe a posibilidade de que sexa a vendimia co que a nai de Luis se ilusionaría moito máis ainda se fose a traballar un pouco.
Por certo vexo moita vergoña con respecto a iso de asumir o pasado, a ver si vou ser o único pringado en asumir semellante vergoña...
Publicar un comentario