Despois dunha conversa entre varias das companheiras, aquí vai unha suxerencia para o martes de carnaval, consistiría nunha visita á zona do Deza, iso significa: comida no lugar de Santiso en Lalín, no Fogar de Breogán: http://cocinalia.eu/2007/04/o-fogar-de-breogn.html
http://www.fogardebreogan.com/1024/index.php
Unha vez suxerido o tema gastronómico, tamén debemos atender aos praceres que nos poden proporcionar outros sentidos, como a vista, e neste punto, ubicados pola mesma zona (kilómetros arriba ou kilómetros abaixo), temos a posibilidade de visitar a fervenza do Toxa, en Silleda: http://rebotacion.blogspot.com/2006/03/sitios-descubrir-fervenza-do-toxa.html
http://www.pequesconmarcha.com/?page_id=554
E para rematar, e tamén situado en Silleda, non podemos esquecernos de visitar o mosteiro de Carboeiro, ubicado nun belo entorno paisaxístico: http://www.concellodesilleda.com/carbmonografico.asp
Obviamente, pola cercanía dos lugares á nosa querida Compostela, é moi posible que moitos ou algúns de vós xa os visitarades pero, que vos parece a idea de redescubrilos xuntos coa paz e harmonía que nos caracterizan?
domingo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario